AZZOR
Para adegas

Que a visita estea pagada antes de que abras a porta

AZZOR é a reserva en liña das adegas da DO Ribeira Sacra. O visitante escolle a túa experiencia, o día e a hora, e paga ao reservar. A ti chégache a visita xa confirmada.

  1. 1

    O visitante paga ao reservar

    A reserva chega cobrada. Se alguén non se presenta, non perdiches a tarde agardando por quen non ía vir.

  2. 2

    Ti decides as horas e o aforo

    Abres as horas que podes atender e cantas persoas caben. Cando unha hora se enche, deixa de ofrecerse soa.

  3. 3

    Un aviso por cada reserva

    Chégache ao correo da adega co nome, as persoas e a hora. Nada de chamadas perdidas nin de mensaxes á medianoite que hai que contestar ao día seguinte.

  4. 4

    O mesmo formulario na túa web

    Ademais de aparecer en AZZOR, podes poñer o formulario de reservas na web da túa adega cunha liña de código.

Solicitar entrada no piloto

Catro datos e escribímosche nós.

Para adegas · AZZOR